“Estamos ante unha partidas municipais realistas, uns Orzamentos que buscan a mellora dos servizos públicos. Non é casualidade o bo funcionamento do Concello, estou moi orgulloso do equipo de goberno e dos funcionarios ”, afirmou o alcalde, Ángel Rodal.
O documento orzamentario aprobouse cos votos do grupo municipal do Partido Popular despois de que a Tenente de Alcalde, María Iglesias, fixese unha pormenorizada exposición das partidas. A concelleira destacou o aumento dun 13 por cento no Servizo de Atención Domiciliaria (SAD), ata os 15.000 euros, así coma o novo renting contratado polo Concello para dispoñer de catro vehículos por un importe anual de 21.000 euros.
“O do ano pasado foi un bo orzamento e este o vai a seguir sendo porque non se abandona nada, cubre a atención das persoas que precisan asistencia e cubre toda a actividade cultural da Vila, que é moita en comparación con outros concellos e que tamén é motivo de orgullo de todos os baioneses”, apuntou Iglesias.
No documento orzamentario se presentan unhas inversións que alcanzan os 758.444 euros, con importantes gastos nas melloras de camiños municipais (70.000 euros), accesibilidade (33.000), saneamentos (53.000), mobiliario da biblioteca (35.000) e eficiencia enerxética (20.000), capítulo este último no que o Concello aforrou o pasado ano 42.000 euros grazas as medidas adoptadas.
Tamén a posta a punto da carabela “La Pinta” para que estea nas mellores condicións no 525 aniversario do Descubrimento a celebrar en 2018, supón unha importante inversión e destínanse 30.000 euros para levar a embarcación ao estaleiro da Guarda.
Ademais, a produtividade dos operarios recibe unha partida de 31.281 euros, un 30% máis que en 2016, e o alcalde aclarou que a Relación de Postos de Traballo (RPT) que están a negociar poderá engadirse nos orzamentos unha vez aprobada.
Durante a sesión plenaria, tamén aprobouse unha moción do grupo municipal do Partido Popular no que se solicita a promoción dun pacto pola conciliación e a corresponsabilidade no ámbito da vida laboral, familiar e persoal nos concellos galegos.