Tal día como hoxe de hai 527 años, a carabela “La Pinta” divisaba xa as costas de Galicia e poñía rumbo a Baiona. Sen un mástil e cunha vía de auga polo temporal que lle apartara da nao mandada por Colón, a súa chegada a porto supuxo un hito na Historia da Humanidade. Nada máis e nada menos que o paso da Idade Media ao Renacemento.
Este feito é o que celebra a vila cada primeiro fin de semana de marzo grazas á XXV Festa da Arribada. Tras máis de dúas décadas xa é festa histórica máis concurrida da comarca e xa dispón do título de Fiesta de Interese Turístico Internacional.
Así e todo as rúas de Baiona xa están preparadas para regresar ao Medievo na Festa da Arribada e conmemorar a noticia do Descubrimento de América. O Concello rematou os preparativos para converterse entre venres e domingo nun teatro ao aire libre no que é posible trasladarse cinco séculos atrás.
Previsións meteorolóxicas
A meteoroloxía marca sempre a afluencia de visitantes, que pode chegar a 200.000 personas no mellor dos casos. As previsións para este ano non son boas ao estar baixo a ameaza de choivas e ceos cubertos. De feito, as navieiras xa suspenderon as súas viaxes.
O venres vai ser o mellor día, meterolóxicamente falando, para ir a Baiona, posto que non choverá ata a entrada da noite. O sábado haberá chubasco intermitentes e ventos fortes de compoñente oeste e suroeste. Por último, o domingo choverá case todo o día e seguirá soplando con moita intensidade.
Apertura do Real Mercado
A fin de semana comezará cedo na vila. Así a apertura do Real Mercado Medieval será ás 10:00 horas e a Misa Solemne ás 12:00 na igrexa de Santa Liberata. Ademais, abrirá a exposición «Explorando as costumes da Hispania Medieval» ás 13:00 horas no Casal do Rexemento (Casa do Concello) e a mostra “Sardiñas, potas, pan de trigo e sal, mercadoría real: A vida dos mercados» na Capitanía Marítima.
Ás 16:00 horas, na Alameda Carabela Pinta, chegará a apertura da Alameda dos Aprendices, con Zona Playmobil Medieval, Ludopuzzles e Jugacirc. Tamén, nos Xardíns do Edificio Sancti Spiritus abrirá o Campamento de Adestramento de Cabaleiros e o Photocall Medieval. E no Parque da Palma haberá Cortello Medieval, Alboio dos Bois e Parque de Aventuras e Atraccións Medievais.
De 16 a 20 horas, no Parque da Palma e Praia A Concheira, será a quenda do Bautismo Hípico Medieval con cabalos de pura raza galega. Xa ás 10:00 horas, no Parador Conde de Gondomar, será o momento da recepción de autoridades e a homenaxe ao Capitán Marín Alonso Pinzón para a presentación oficial da XXV Festa da Arribada.
Autoridades e pobos irmandados
O alcalde,Carlos Gómez, presidirá os actos aos que xa se espera a asistencia do vipresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e da presidenta da Deputación, Carmela Silva, entra outras autoridades.
Así, nas últimas horas completáronse os traballos para a apertura do Real Mercado no Casco Histórico e tamén ultimáronse os ensaios das representacións teatrais na Praia da Ribeira.
Dispositivo de seguridade
Un total de 200 efectivos da Policía Local, Garda Civil, Policía Autonómica, Protección Civil, Grupo de Emerxencia Supramunicipal e Axencia Galega de Emerxencias participarán nun dispositivo de seguridade que contará cun posto médico.
Ademais, o posto de mando avanzado da Axencia Galega de Emerxencias estará esta vez situado no porto pesqueiro. E dende alí coordinarase todo o plan de seguridade grazas a utilización de drons cos que controlará o tráfico de vehículos e de persoas.
Sentido único e mostra de fauna autóctona
Esta nova edición da Festa da Arribada en Baiona contará con varias novidades. Por un lado, quedan eliminados os fogos artificiais. «Consideramos que son contraproducentes para persoas con diferentes discapacidades», apuntou o alcalde na presentación. Nese sentido tamén hai un compromiso co benestar animal e entran na programación as mostras de animais autóctonos.
Bois de raza maronesa, alistanos-sanabreses, de raza barrosa e becerros de raza cachena estarán presentes na festa. Así, a mostra etnográfica do “Alpendre dos Bois” amosará a vida do Boi en Galicia.
Por outro lado, mantense o sentido único de circulación para os peóns nas principais rúas do Casco Histórico. A medida ten como obxectivo facer máis fluído o tránsito no casco vello e facilitar a mobilidade.