Tras o éxito do ano pasado, volverá a instaurarse o sentido único de circulación para os peóns nas principais rúas do centro histórico. A medida, instaurada por primeira vez en 2017, ten por obxectivo facilitar a circulación aos viandantes para que sexa máis fluída e evitar aglomeracións innecesarias dentro do centro histórico. O percorrido estará pertinentemente sinalizado e ademais está incluído no folleto do programa.
Zona ‘playmobil’, paseos de camelos e dromedarios, terrario exótico, granxa medieval, exposicións temáticas ou música forman parte tamén da oferta festiva que ofrece a Arribada este ano. Para non perderse nada, pódese descargar o programa completo en formato PDF máis abaixo.
As actividades mantéñense polo malia a chuvia. Segundo indicou o Concello, o prognóstico meteorolóxico prevé que as precipitacións sexan ocasionais e, en caso de que se produzan xusto no momento que estea previsto algún espectáculo, este quedará suspendido momentaneamente ata que o tempo permita levalo a bo termo.