Aconteceu en Baiona, na avenida de Sabarís, segundo informou o 112. Dous vehículos sufriron unha colisión e acabaron chocando contra outro que estaba estacionado na rúa. Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia contra as 15:15 horas da tarde do martes. Os profesionais do CAE 112 Galicia deron o aviso a Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios trasladaron a unha persoa nunha ambulancia ata un centro sanitario. Os feitos tamén foron postos en coñecemento do GES do Val Miñor e da Policía Local.