O concello de Gondomar, a través da súa Concellaría de Cultura, anuncia o aprazamento das actividades previstas para esta fin de semana ante as malas previsións de tempo que se esperan para os tres días, no que a choiva, segundo os pronósitcos meteorolóxicos, serán unha constante.
Estúdanse xa novas datas para recolocar as actividades previstas para as tres xornadas: o concerto de Rubén de Lis, a actuación do Soño de Calíope e a proxección da película “María Soliña”, dentro do ciclo “Cinema na rúa”. O novo calendario será anunciado no momento correspondente.