O grupo Trío Azar actuará este sábado 17 de xullo, dentro do programa preparado para a celebración do I Entroido de Verán de Gondomar. Ás 22.00 comezará a súa actuación e, como ocorreu nas festas patronais, será necesario reservar praza adquirindo as entradas (gratuítas) no despacho de billetes electrónico do concello.
Este sistema manterase todo o verán para aquelas actuacións nas que o público estea de pé para garantir o aforo que impoñen as normas de seguridade sanitarias vixentes na actualidade.