Esta cantidade supera as 2.500 necesarias para a continuación da súa tramitación, e aprobación se procede, na Cámara autonómica.
A comisión promotora da iniciativa popular considera que un 10% da poboación do Val Miñor asine esta iniciativa é un éxito polo que espera que, unha vez verificadas as sinaturas, sexa asumida por tódolos grupos parlamentarios.
Os concelleiros dos partidos mencionados e representantes de colectivos sociais aproveitaron a entrega para agradecer á veciñanza do Val Miñor a acollida que tivo esta iniciativa e a súa colaboración nesta campaña.
Os edís que presentaron as sinaturas colleitadas foron Pauliño del Río (CABE), José Cuevas (Nigrán Decide) e Silvano Montes (EU-SON Baiona).