O Auditorio Lois Tobío será a instalación que acollerá esta fin de semana ambas as citas que arrincan ás 21.00 h. deste venres 15 de outubro coa proxección da película “9 fugas”, do director Fon Cortizo. A longametraxe, co premio Mestre Mateo á mellor Banda Sonora Orixinal, ou o nomeamento á mellor fotografía, tamén foi distinguida como mellor película na última edición do Festival de cinema de Xixón.
Xa o sábado 16, de novo quenda para o teatro en Gondomar. Sobre o escenario do auditorio municipal as actrices Alba Outeda e Raquel Ferraz, darán vida ás protagonistas de “No Golfo”, obra dirixida por Javier Lojo, na que ambas se verán atrapadas nunha lancha varada que lles obrigará a enfrontarse á súa propia historia como parella, e en que momento atópase. As entradas deberán retirarse en www.taquilla.concellodegondomar.gal.