O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, agradeceu este luns o «relevante papel» das plantillas dos departamentos de Limpeza e Parques e Xardíns, así como de Medio Ambiente nos “avances en sustentabilidade e mellora da nosa contorna que se lograron nestes anos”.
O rexedor quixo compartir cos traballadores o recoñecemento da “Escoba de Plata” recentemente outorgado ao concello de Gondomar pola aposta de iniciativas e maquinaria que fomentan a sustentabilidade no municipio. Algo que, como sinalou Paco Ferreira, “non sería posible sen o traballo que día a día e en todos os recunchos dos noso concello facedes”.
«O galardón reflicte ese traballo xunto ao recoñecemento por dous anos consecutivos de Gondomar co distintivo de “Vilas en flor”, sinalou. Reiterou tamén que só é posible “a través da cooperación e a unión a hora de traballar polos mesmos obxectivos, algo que co coidado e esmero que no desempeño do voso traballo poñedes é sempre posible”.
Animou aos traballadores a seguir traballando neste sentido e continuar sumando logros para converter Gondomar nun municipio referente de “no sur da provincia e en toda Galicia en materia de limpeza, defensa do medio ambiente e sustantibilidade”.