O Concello de Gondomar pon en marcha a campaña «No Nadal merca en Gondomar» coa que o goberno local, a través da súa Concellería de Comercio «quere incentivar, apoiar e promocionar este sector do municipio co fin de potenciar as compras nel durante as datas de festa».
Un total de 35 establecementos adheríronse a esta iniciativa na que os clientes que realicen compras superiores a 20 euros recibirán un «ticket-rasca», que poden resultar premiados con diferentes cantidades económicas (1,3,5 ou 10 euros) que deberán trocar no mesmo comercio no que resultaron gañadores, unha vez finalice a campaña o próximo 7 de xaneiro.
En total repartiranse 16.000 «rascas» dotados con máis de 3.000 euros en premios que servirán para recompensar á veciñanza que aposta a diario polo comercio de proximidade, e ao tempo axudar a un sector seriamente afectado polas consecuencias da pandemia da Covid-19.