Máis de medio cento de persoas déronse cita á primeira hora da mañá desde domingo no punto de partido, en Ponte de Ánimas, para coordinar os diferentes grupos que ían participar na limpeza do río Miñor, desde a Ponte de Mañufe ata a Ponte do Beco; así como os afluentes Rasas e Morgadáns.
Un ano máis foron diferentes os residuos que se retiraron tanto das beiras como do propio río, destacando entre eles a aparición por primeira vez das máscaras cirúrxicas, varios pneumáticos, un tambor de lavadora e grandes cantidades de plástico, sacos de entullos ou bolsas, enterradas no fondo do río ou entre as ramas da vexetación da súa contorna.
Dende o concello agradecen a colaboración de todos os voluntarios e voluntarias que este domingo sumáronse á actividade e insisten na necesidade de seguir apoiando iniciativas destas características e campañas de sensibilización para lograr “que os ríos deixen de ser un lugar no que lanzar verteduras, e a xente tome conciencia de que é necesaria a seu defensa, así como a de todo a súa contorna”.
Nesta ocasión tamén participaron na xornada integrantes da Asociación Galaicosquad Val Miñor, que desinteresadamente, ofrecéronse a ir recollendo durante a mañá as bolsas e residuos que os voluntarios depositaron en puntos sinalados previamente para así poder trasladalos con máis facilidade.