A Praza da Paradela de Gondomar lucirá as cores dos aros olímpicos mañá e encherase da forza e do espírito que sempre traslada a súa veciña Desiré Vila, a
deportista oriúnda deste municipio, que se estrea este xoves nos seus primeiros Xogos Paralímpicos.
O goberno local, a través da súa concellaría de Deportes, non quere deixar sen apoio a unha das súas deportistas máis recoñecidas e por iso instalará unha pantalla na Praza Paradela para poder seguir en directo a súa primeira proba nos Xogos de Tokyo, o salto de lonxitude T63, que está previsto emítase a partir das 12.00 horas deste xoves 2 de setembro.
Ao día seguinte Desirée Vila medirase coas súas rivais na semifinal de 100 metros lisos para facerse un oco na final e optar a unha medalla nesta proba. De facelo, o concello volverá convidar á veciñanza para sumarse a seguila en directo o sábado 4 de setembro a partir das 14.00 horas na pantalla que se instalará de novo para a ocasión.
Un apoio institucional a Desirée Vilas que o concello quixo deixar patente tamén coa instalación dunha imaxe gráfica dela, regalada á familia polo artista urbano Gory, e que se instalou na fachada da Casa Consistorial, coincidiendo coa celebración dos Xogos no país nipón.