Gondomar dará o pistoletazo inicial ao seu programa de Nadal coa inauguración oficial da iluminación navideña o vindeiro sábado, 4 de decembro (20:00 horas) na Praza da Paradela, onde previamente celebrarase un concerto e personaxes de animación convidarán á cidadanía a sumarse á celebración, que presidirá o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polos integrantes do seu goberno.
Todo listo para a conta atrás este sábado e inaugurar a iluminación do Nadal. “É xa unha cita que moitos e moitas teñen marcada no seu calendario”, manifesta o rexedor gondomareño. Ás 20.00 horas pulsará o botón que acenderá as miles de lámpadas leds, arcos de luz e “a nosa tradicional árbore vermella” no municipio, marcando o inicio da celebración do Nadal.
O acto virá precedido dun concerto a cargo do grupo “Los Goonis” e a presenza dos personaxes, sempre máxicos, aos que darán vida os integrantes de “Sarao Animación” que caldearán o ambiente para garantir unha tarde de alegría e diversión para grandes e pequenos.
Belén Artesanal en movimiento
O mesmo sábado inaugurarase o Belén artesanal en movemento -a partir das 18.30 horas- que este ano se traslada á Casa da Cultura onde permanecerá ata o próximo 9 de xaneiro. Nesta ocasión a composición ocupará preto de 55 metros de espazo e conformarana un total de 600 figuras, das que 150 están en movemento.
O seu propietario Fernando Fernández Penedo, veciño da parroquia de Borreiros, que leva preto de tres décadas tallando e dando vida ás figuras que integran este belén artesanal no que este ano destacan novidades como a inclusión dunha réplica da ponte romana de Ramallosa, en cuxa elaboración empregou case tres meses de traballo.
Programación de Nadal
A inauguración da iluminación de nadal poñerá en marcha tamén o programa elaborado pola concellería de Cultura para estas datas festivas no que non faltarán a visita de Papa Noel, os Reis Magos ou o Apalpador, teatro, concertos ou pasarrúas. Non faltará a cita tradicional coa Cabalgata de Reis ou o Certame de Rondallas do 06 de xaneiro.
O 12 de decembro o Auditorio Lois Tobío acollerá o espectáculo “Ciencia que alimenta” cuxa recadación se destinará a Gondoilusión, a campaña solidaria, promovida por Benestar Social, que busca garantir xoguetes para nenos e nenas cuxas familias se atopan en situación vulnerable. Pequenos que poderán gozar da visita de Mama Noel o 22 de decembro e de Papa Noel os días 23 e 24 deste mes, ambos estarán acompañados por unha animación especial para a ocasión.
Fieis ás tradicións en Gondomar espérase a visita do Apalpador o día de Nadal a partir das 12.00 horas, que chega a Gondomar de man da Diputación Provincial de Pontevedra. Os Reis Magos percorrerán as rúas na cabalgata a partir das 17.30 h. e o 04 de xaneiro os nenos poderán deseñar as súas cartas e tarxetas nun taller que se celebrará na Praza Paradela.
Panxoliñas e Concerto de Nadal
A música non faltará á cita do Nadal en Gondomar coa celebración do Certame de Panxoliñas (18 decembro) a cargo das corais do municipio, o Concerto de Nadal dos alumnos do conservatorio o día 15 de decembro, a actuación da Banda Musical de Vincios e a presenza das Rondallas de Vincios e Chaín nas rúas do municipio, que participarán o día de Reis no tradicional e veterano Certame de Rondallas de Gondomar.
Este ano tamén recupérase o Mercado de Nadal que se celebrará o próximo 19 de decembro durante toda a xornada, iniciativa que ponse en marcha en colaboración coa concellería de Comercio, ao que se suman outras como o concurso de decoración do Nadal de escaparates e vivendas, o campus solidario de Nadal para nenos de entre 6 e 12 anos, ou o programa “Non Nadal, merca en Gondomar”, de promoción do consumo local.