Ben cedo e con moitas ganas de gozar da experiencia os algo máis 50 peregrinos que se sumaron á actividade, organizada pola Concellería de Turismo, poñíanse en marcha desde o Auditorio Municipal Lois Tobío para cubrir a primeira etapa Gondomar-Vigo, na que percorrerán un pequeno tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte para sumarse ao Camiño Portugués pola Costa ao chegar a Nigrán, roteiro que seguirán xa durante toda a peregrinación.
Ese camiño, de algo mais de 100 quilómetros, é o que cubrirán en catro etapas na que cada sábado de setembro percorrerán preto de 30 quilómetros como media, cubrindo así a segunda etapa o día 11 de setembro o tramo Vigo-Pontevedra; o día 18 de setembro, Pontevedra-Valga e, finalizar, o día 25 de setembro cubrindo ou tramo Valga-Santiago de Compostela.
Cada xornada un autobús desprazará aos participantes desta actividade ata o seu regreso a Gondomar unha vez completada cada etapa, e viceversa. Ademais irán
acompañados en todo momento de vehículos de apoio loxístico, persoal da organización por calquera imprevisto que poida xurdir e contarán con varios puntos de refresco, con froita, auga e doces.
Dende a concellería lémbran que, como en todas as actividades que se veñen realizando dende o goberno, respectaranse en todo momento as medidas de prevención fronte a covid, e para seguir garantindo a seguridade, facilitaráselle unha mascara a cada peregrino antes de cada etapa.
A organización deste evento responde á demanda que moitos veciños fixeron chegar a concellería interesados en facer o Camiño de Santiago coincidindo co ano Santo, percorrido “que en cada etapa cubriremos sempre tendo as características e necesidades do grupo”.