No 2016, Gondomar xa tivo un 24% de incremento respecto a 2015 (o que se traduciu en 169.275,79 € máis). Á marxe do Plan Concellos, Gondomar recibirá este ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o concello poderá concorrer.
Ó longo do 2016 a Deputación de Pontevedra investiu en Gondomar 1.318.843,36 €. En liñas xerais, desta contía, 875.932,32 € correspondéronse co Plan Concellos. Amais, a institución provincial investiu101.657,72 en mobilidade, 99.819,19€ en cohesión social e xuventude, 78.983,04 € en emprego, 52.944,61 € en cultura e lingua, 40.153 € en deportes, 3.557,40 € en igualdade e 3.000 € en medio ambiente.
En concreto, Gondomar investiu 624.675,30€ da liña 1 do Plan Concellos para obras de conservación e mantemento do material de cubrición do polideportivo municipal e do entorno do pavillón municipal; para a urbanización do espazo exterior do edificio administrativo do CDL e obras de instalacións complementarias; para o acondicionamento do parque da Coelleira; para o axardinamento de tres rotondas; para a pavimentación dos camiños públicos nº239 de Hervillas e 245 de Rocha así como para a mellora de pavimentación, drenaxe e seguridade viaria no camiño de Carrasquedo de Abaixo. A través da liña 2, amortizacións, Gondomar destinou 25.310,38 € para o subministro de asfalto en frío necesario en varias actuacións de reparación de firmes; da liña 3, actividades, o concello investiu 28.971,46 € para a aula de teatro PritisGuomins, para o Gondoverán, para cursos e actividades destinadas a persoas maiores de 55 anos do concello, para a IV carreira a prol da corresponsabilidade así como para o Cinema na Rúa; e finalmente Gondomar dirixiu 196.974,58 € da liña 4, emprego, para a contratación de 19 persoas para a realización de tarefas no concello.
No caso do fomento da cultura e lingua, o concello recibiu 52.944,61 € da Deputación de Pontevedra a través dos cales se organizaron 78 actuacións do Pontegal así como para a dinamización lingüística, para a sinalización e rehabilitación do patrimonio histórico e memoria histórica e para tres actividades enmarcadas no “Ano Castelao”.
Tamén se destinaron 73.559,13 € para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociais comunitarios municipais, da teleasistencia domiciliaria (da que se beneficiaron 11 persoas) e das axudas básicas de emerxencia,ben mediante os programas“En Ruta coa Depo” (no que participaron tres asociacións), “Tecendo lazos”, “Depo en marcha” (2 cursos formativos) ou “Depo Aventura A Lanzada”, no que participaron 30 nenas e nenos do concello.
Do mesmo xeito, Gondomar recibiu 40.153 € para 16 clubs de deporte federado de base, para a participación en ligas e competicións oficiais, para que tres equipos participasen na Copa de fútbol Deputación de Pontevedra, para o desenvolvemento de cinco actividades deportivas e para as escolas deportivas provinciais (dúas de balonmán, tres de fútbol, dúas de patinaxe, unha de judo e outra de baloncesto en Gondomar). Tamén78.983,04 € destinados ó fomento do emprego a través do Plan de Práctica Laboral, que está a permitir que cinco persoas poidan desenvolver a súa primeira experiencia laboral no concello de Gondomar e outras tres en empresas da localidade, así como3.557,40 € para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a través do programa “Conectadas”, que organizou no concello catro cursos de formación.
Amais, a institución provincial achegou 101.657,72€ en materia de mobilidade para o Plan Móvese e para obras de sinalización horizontal nas vías provinciais de Gondomar, así como 3.000 € para o mantemento do campo de fútbol de Gaiandas.