Segundo explicou o arquitecto do proxecto, aproveitarase a intervención para a renovación dos elementos de recollida de auga, canles e baixantes. Asemade, construirase unha nova rede de saneamento de pluviais que recolla a auga nas cubertas e a conduza á rede xeral de saneamento.
Con este motivo, o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse ata o centro educativo para informar á dirección da actuación prevista. Á visita tamén acudiu o alcalde da localidade, Francisco Ferreira.
Os investimentos realizados en infraestruturas educativas por parte do Goberno galego en Gondomar superan os 620.000 euros nos últimos anos.