As cancións de Urbano Cabrera forman parte do recordo e destacou ao longo da súa ampla traxectoria por potenciar o idioma galego no ámbito da música. Este veciño de Gondomar soubo demostrar que a lingua galega ten cabida en toda clase de estilos desde o folk ata ao blus.
Gondomar gozará unha vez máis da música de Urbano Cabrera, que actuará este venres, 16 de xullo, a partir das 22.30 horas da noite, acompañado por un veciño e músico da localidade á guitarra, Juanchi Vázquez.
Os asistentes poderán gozar da súa música, a máis recente e de temas clásicos, composicións con cuidadas letras nas que mistura temáticas diferentes como as sociais, reivindicativas, de rebeldía ou de amor e desamor.
O propio Urbano Cabrera convida o público a asistir ao seu concerto, este venres 16 de xullo, a partir das 10.30 horas na Praza Paradela.