O novo espectáculo do músico vigués, Teo Cardalda, «Claves Líricas» estrearase este venres 22 de outubro en Gondomar. A partir das 20.30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío presentarase este novo proxecto do artista no que mestura teatro e música, nunha especie de ópera-pop que vira ao redor da obra e figura do escritor e dramaturgo Ramón de Valle-Inclán.
Chega aos escearios tras un importante traballo de documentación por parte de Teo Cardalda desenrolado desde hai unha década da obra poética do autor de Vilanova de Arousa, que tamén se editou en forma impresa de disco-libro. Tanto o espectáculo como o volume cos novos temas herdan o nome do recompilatorio de poemas que Valle-Inclán escribiu en 1930, entre os que María Monsolís, realizou unha selección de pezas que chegan envolvidas de música, proxeccións e coreografías que nos permitirán viaxar a través do rock, o rap ou a balada, e mesmo descubrir novos textos compostos por Cardalda que nos convidan imaxinar que visión tería do noso século Valle-Inclán.
Con Teo Cardalda na pel de Valle-Inclán e María Monsonís na de Josefina Blanco, “Claves líricas” ofrece unha radiografía artística do escritor e trasladará ao público a imaxe do mundo como esperpéntico sainete. Tras a estrea en Gondomar o dúo levará este espectáculo, ao amparo do Xacabeo 21-22, as vilas de Culleredo, Vilanova de Arousa e, por último á Cidade da Cultura de Galicia.