Así o informou a Confederación Intersindical Galega (CIG), que precisou que o paro non queda desconvocado aínda porque queda por diante a negociación do convenio colectivo. Ademais, queren saber primeiramente “se o Concello vai cumprir ou non co pago do canon da concesión, principal argumento que esgrimía a empresa para xustificar a súa proposta”.
Precisamente esta fora unha das cuestións que a secretaria nacional da CIG-Servizos, Transi Fernández, lle trasladou recentemente á corporación municipal de Nigrán durante a súa intervención no pleno para explicar o conflito laboral.