Así, os axentes vixiarán especialmente que os animais conten co microchip obrigatorio, o sistema electrónico de identificación que se lle implanta no veterinario e que permite un recoñecemento legal de que somos os donos e titulares do mesmo, sendo especialmente útil en caso de perda do mesmo pero tamén para evitar o abandono (circunstancia que a lei castiga con sancións).
Ademais, controlarán que a documentación esté en regla (calendario de vacinas ou a licencia dos cans de razas perigosas). Outro dos aspectos dos que a Policía Local informará é da obligatoriedade de levar aos cans atados pola vía pública (con máis requerimentos se é can de raza perigosa), de recoller os excrementos ou a prohibición de levalos á praia entre o 1 de xuño e 30 de setembro.
Todo elo son cuestións de civismo e boa conviencia cidadá que a Policía Local desexa infundir na veciñanza, especialmente nesta época do ano no que Nigrán conta con máis poboación e, consecuentemente, hai máis propietarios de cans. «Trátase dunha campaña orientada a apelar ao civismo dos propietarios e as obligacións que conleva ter un animal», resumen dende a Policía Local.