A obra, xa moi avanzada, inclúe apertura de gabias, colocación de colectores, execución de dúas arquetas de conexión, instalación de tres válvulas de aillamento, recheo e reposición de pavimento e instalación dun hidrante, o primeiro co que conta a parroquia e fundamental en caso de emerxencias. Unha vez rematada haberá que esperar a obter os permisos de Sanidade para poder iniciar o subministración de auga.
«A rúa queda completamente humanizada despois de que soterrásemos a telefonía, a rede eléctrica e agora o abastecemento», sinala o alcalde, Juan González», sinala o alcalde, quen suliña que o Concello investiu 145.000 € no soterrado dos cables de baixa tensión e recentemente outros 30.000 € en completar as beirarrúas. O goberno socialista de Efrén Juanes, sendo precisamente o actual rexedor concelleiro de Urbanismo, realizou o 90% da humanización da rúa San Roque (uns 2 km entre o Pazo da Touza e o Torreiro de festas). A obra supuxo que se habilitasen beirarrúas, ampliásese a calzada e se instalase saneamento.