Na análise microbiolóxica da mostra de auga recollida o día 7 de agosto na auga do areal de Praia América confirmouse a presencia de Escherichia Coli nunha proporción de >1000 NMP/100ml, superando o valor aceptable establecido de contaminación, segundo informou a Xunta de Galicia.
Segundo a lexislación vixente, unha vez detectado o episodio de contaminación o concello está obrigado a comunicar á poboación a situación con carteis informativos nos que ben prohiba o baño ou recomende absterse deste de forma temporal por contaminación microbiolóxica. Este panel informativo deberá completar ao cartel coa cualificación sanitaria. Ademais, manteranse as condicións adecuadas das áreas peripraieiras e se exporá aos usuarios calquera outra información relevante establecida regulamentariamente.
«Así se lle esixiu por fax o pasado día 9 de agosto ao alcalde. Catro días despois do primeiro análise negativo e sen que durante este tempo se informara da presenza de Escherichia Coli aos usuarios do areal, hoxe o Concello de Nigrán comunicaba formalmente a finalización do episodio de contaminación», engade o comunicado da Xunta.