Román Rodríguez felicitou ao alumnado polo seu traballo e animounos a seguir explorando novas facetas e competencias, como fixeron desta vez coa artística. Así mesmo, agradeceu a dedicación do profesorado, que en especial nos centros de educación especial vai máis aló do exercicio docente, demostrando unha clara vocación cara á formación e superación do alumnado con necesidades específicas.
Con iniciativas como a de felicitar o Nadal cunha postal do CEE de Panxón a Consellería afonda nunha das súas liñas prioritarias de actuación, a atención á diversidade e o fomento da inclusividade. Neste sentido cómpre lembrar que Galicia é, segundo os últimos informes, a Comunidade Autónoma cun sistema educativo máis integrados ademais de contar– tal e como confirmou PISA- co ensino máis equitativo.
Posteriormente, o conselleiro tamén se achegou ao CPI de Panxón, onde saudou ao equipo docente deste centro escolar.