Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar da Levada, na parroquia de Camos.
As obras céntranse nun tramo de 129 metros e consisten na roza de maleza das marxes e na retirada de árbores e pólas caídas, así como o apeo dun árbore con perigo de caída sobre o camiño. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.
A Xunta, mediante este tipo de tarefas, continúa realizando traballos na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.