A nova praza, realizada íntegramente por operarios municipais entre as rúas Maestra Emérita e Pablo Iglesias, tivo un custo de 10.000 euros e supón a rexeneración dunha zona completamente degradada. O Concello levouna a cabo co obxectivo de crear máis puntos de encontro para a veciñanza e de que sirva de lugar de esparcemento dos peregrinos, que poden descansar contemplando as vistas cara as illas Cíes.
Un gran camelio presidirá a nova praza, que estará delimitada na súa contorna con pedra, ademáis, contará con bancos e iluminación e se rematarán as beirarrúas. O Concello de Nigrán aposta así por un proxecto municipal realizado con fondos propios frente ao deseño desproporcionado e de elevado custo do anterior goberno.
“Queremos xerar puntos de encontro da veciñanza e revitalizar espazos degradados, unha filosofía que tamén levaremos a outros puntos do municipio”, asegura Juan González, alcalde de Nigrán.