«Adiantamos a cuestión ao primeiro pleno do ano para que as entidades poidan acceder canto antes as axudas e planificarse; por este mesmo motivo de celeridade e dilixencia no último pleno de 2016 aprobamos as axudas de emerxencia social, co obxectivo de que estiveran dispoñibles dende o día 1 de xaneiro», explica o alcalde, Juan González.
“O noso compromiso é de máxima colaboración con tódolos colectivos do municipio, que son os grandes promotores das actividades lúdicas, culturais, deportivas ou festeiras, por iso apostamos por manter esta liña de axudas ao longo de todo o mandato e por iso mismo rebaixamos nun 95% o Imposto de Bens Inmobles (IBI) a cinco entidades que o pagaban inxustamente”, engade o rexedor (a proposta do goberno, no pleno de decembro acordouse rebaixarllo a todos aqueles colectivos que se poidesen considerar de interese ou utilidade municipal, xa que pagaban o 100%, o que supón un aforro para eles de preto de 1.300 euros ao ano).
No 2016 beneficiaronse destas subvencións as 29 entidades solicitantes, sendo requisito indispensable unha vez máis estar inscrito no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello cunha antigüidade mínima de 6 meses con respecto á data da convocatoria.
As axudas enmárcanse no Plan Estratéxico de Subvencións municipais, un imperativo legal que permite ao Concello abrir esta nova liña de apoio económico.