En total, 464 persoas se inscribiron este ano á oferta de ocio do Concello de Nigrán, sendo tenis e patinaxe as máis demandadas, con 79 e 60 inscritos respectivamente, e no eido cultural cerámica con 50 e música con 46. Precisamente, nesta última actividad os asistentes mudan a ubicación da Escola Infantil de Camos polo Auditorio Municipal, «recinto que reúne mellores condicións», indica o alcalde, Juan González.
Coma o ano anterior, o goberno local aposta por actividades 100% públicas, xestionadas dende o Concello, e cun abanico amplo de oferta que poida satisfacer ao maio número de persoas de tódalas idades a un prezo moi popular, de feito, como novidade este curso, os prezos públicos se manteñen coma sempre pero incorporando descontos sociais do 25% (o prezo xeral é 80 euros no caso das deportivas, 77 euros para música e pintura e 83 euros para cerámica). Igualmente, os empadroados en Nigrán tiveron prioridade á hora de apuntarse e, independentemente da data de comezo de cada actividad, a duración será sempre de 8 meses.
«O ocio é calidade de vida e dende o Concello queremos ofrecer aos nosos veciños unha ampla oferta deportiva e cultural sin que o prezo público supoña un inconvinte. Damos o máximo valor a estas actividades e seguiremos apostando por manter todas elas e reforzalas», resume González.