Silva subliñou a importancia da sinatura deste acordo porque este tipo de infraestruturas servirá para “promover a cultura, a educación e mellorar o futuro” dos veciños e veciñas da localidade do Val Miñor.
A presidenta recalcou mostrarse “moi satisfeita” por asinar este tipo de convenios porque “todo o que sexa promover a cultura e moi importante porque nos permite cambiar o mundo e nos permite dotarnos de instrumentos para promover a igualdade de oportunidades entre todos e todas”.
Pola súa banda, González cualificou esta firma “como un momento moi importante» e engadiu que “vainos permitir contar cun espazo cultural no centro de Nigrán para o futuro”.