A construción da nave suporá un investimento total de 5,4 millóns de euros. Precisamente, o Concello renunciou en decembro á compra dunha destas parcelas destinadas a almacén municipal co obxectivo de facilitar a implantación de Ecoforest, polo que finalmente adquiriu outra con este fin no mesmo polígono.
Recentemente, o Concello aprobou en Porto do Molle a licencia para a ampliación da fábrica Snop Estampación e concedeu unha nova para a construción dunha nave destinada á fabricación de maquinaria pesada por parte de Industrias Nebrinox.
Estas dúas suman un orzamento de execución da obra de preto de tres millóns de euros que si se engade Ecoforest supón máis de oito millóns de euros, polo que o rexedor, Juan González, salienta as novas posibilidades de emprego que xera a súa instalación e os ingresos que supoñen para as arcas municipais.
«Porto do Molle non só significa novas posibilidades de emprego para os veciños de Nigrán senón que o seu propio crecemento ordenado e sostible proporciona ao Concello os ingresos necesarios para levar adiante máis e mellores políticas sociais. Este parque empresarial é unha parte fundamental do desenvolvemento de Nigrán e un referente en innovación, I+D ou ecoloxía que representa a mellor imaxe dun municipio dinámico, moderno e emprendedor», sintetiza González.