O Concello de Nigrán ofrece o seu entroido infantil este luns 28 de febreiro desde as 17:00 horas no Auditorio do Concello. Este contará con baile de disfraces e contacontos a cargo do dúo ‘Voltereta e Volvoreta’, ademais haberá unha sorpresa para todos os participantes.
Igualmente, o Concello recupera este sábado 26 de febreiro o tradicional desfile de comparsas desde as 21:00 horas (será o percorrido tradicional, desde rúa Telleira á Casa Consistorial). O estacionalmento neste tramo estara prohibido desde as 17:00 horas e o tráfico totalmente cortado durante a celebración, aproximadamente de 8:30 a 23:30 horas. En total, participarán media ducia de agrupacións con 410 persoas en total, sendo a máis numerosa LDanzia de Gondomar con 115 persoas seguida de Asociación Os Da Casa de Vigo (80), C.C.R Parada do Miñor (61, a única de Nigrán), Luces de Tomiño (60), ‘O Millor de Cada Casa de Vincios’ (52) e ‘CCD A Merced de Chaín’ (42).
O desfile, como é habitual desde a rúa Telleira ata a Casa Consistorial, arrancará coa batucada de ‘Bate no Cobre’ ás 20:30 horas e desde as 21:00 as comparsas. As actuacións se desenvolverán á altura da casa consistorial. O xurado dará o fallo ao remate do evento tendo en conta para a concesión dos galardóns a orixinalidade, o vestiario, a actuación e o número de participantes de cada comparsa.
A programación finaliza o sábado 12 de marzo co tradicional enterro do kiko de Parada que, unha vez máis, partirá dende a Casa do Concello tirado por un carro de bois para ser velado a continuación no Torreiro de Parada.