A inesperada noticia de que Jan tiña síndrome de Down fixo que o seu pai puxésese a escribir un blogue e a gravar ao seu fillo, para así compartir e poder superar os seus medos. Despois de cinco anos de filmacións chega esta marabillosa película, que nos conta desde a intimidade unha historia de superación e de aceptación. A través do sentido do humor, o esforzo e o amor por el, estes pais buscan normalizar e dar visibilidade ao descoñecido mundo da discapacidade. A proxección (con entrada de balde) forma parte dos actos de celebración da semana internacional da discapacidade que o Concello realiza xunto ao Centro Juan María.
O día 2 terá lugar unha xornada relativa ao décimo aniversario da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Na mesma intervirá o rexedor de Nigrán para abordar as actuacións de accesibilidade física e sensorial enmarcadas no proxecto «Un Nigrán para todos». Ademáis, haberá diferentes ponencias que tratarán dende o procedemento de incapacitación, a lectura fácil, a seguridade como dereito fundamental…
Xa o Día Iternacional da Discapacidade, o 3 de decembro, haberá música en directo a partires das 17.00 horas, se lerá o manifesto e o Concello voltará a iluminarse de verde, cor que representa a plena inclusión.
Por outra banda, o Centro Juan María elaborou para esta semana un novo vídeo de concienciación titulado «Latiendo por ti», dispoñible en youtube no seguinte enlace e que agardan sexa compartida por toda a veciñanza: