O tramo dende Fragoselo (onde arranca o término municipal de Nigrán) ata a estrada provincial de Nigrán a Vincios permanecía sen marcar e resultaba especialmente perigosa ao non estar iluminada e discurrir gran parte do trazado polo monte. Ademáis, aproveitando o pintado, marcouse tamén horizontalmente a sinal de stop na intersección a Vincios e renovouse a sinalización toponímica da parroquia no itinerario cumplindo así coas demandas da veciñanza.
“Unha das prioridades do goberno é a mellora da seguridade nos camiños e estradas das diferentes parroquias e, neste caso, se trata de lugares moi transitados en nun estado moi deficiente, polo que o consideramos prioritario”, explica Juan González, alcalde de Nigrán.
Nesta parroquia o goberno levou a cabo meses atrás o reasfaltado do camiño das Laxes, unha actuación moi demandada porque da aceso a vivendas, ao campo de fútbol e a un centro educativo. Nel, tamén co obxectivo de mellorar a seguridade, se instalaron lombos co fin de evitar as altas velocidades.