Os asistentes a este evento poderán ver durante a mañá e por vez primeira en Galicia un duatlón canino ou probas máis coñecidas como canicross na que participarán o campión nacional Óscar Piñeiro ou o atleta ex-olímpico Alejandro Gómez (tamén entre os tres mellores de España). Igualmente, terán lugar competicións de tiro con can como patín ou bikejoring (con bicicleta) e andaina canina ou cross running. As inscricións están abertas ata este domingo 22 á medioanoite en www.galitiming.com (todas as disciplinas terán un custe total de 10 €, poidendo ir a varias sen custe adicional). Xa durante a tarde, celebraranse exhibicións de obediencia canina a cargo do club Zarkocan e de pastoreo de ovellas (moi pouco común no sur da Provincia) a cargo do Club Terras do Xesteira (Cuntis).
O emprazamento en Porto do Molle permitirá que o percorrido das probas resulte moi vistoso para os asistentes, que terán un campo visual prácticamente de todo o trazado por onde discorran. «Cremos que é unha oportunidade única para os amantes dos animais e da natureza e os deportes, tanto para participar como para ter a primeira toma de contacto coas diferentes modalidades de mushing», explica o alcalde de Nigrán, Juan González. «Mediante o deporte, dende o Club Zarko Can queremos, sobre todo, sensibilizar sobre o que significa ter un can», explica o seu responsable, Ángel Lira.