A inscrición pode realizarse na Oficina de Información Cidadá do Concello de 9:00 a 13:30 horas abonando os cartos. O número máximo de prazas é de 100 e se seguirá un rigoroso orde de inscrición, tendo prioridade os empadroados en Nigrán.
A saída o 27 de decembro está prevista ás 10:30 horas dende o Concello e o regreso aproximado ás 22:30 horas (saída para Nigrán en canto Perlim peche, ás 20:00 horas). O parque temático dispón de diferentes restaurantes no seu interior e, aínda que se pode levar a comida da casa, non dispón de zonas habilitadas para o picnic.
Perlim, ubicado en Santa María da Feira, cerca de Espinho e Oporto, abre as súas portas un Nadal máis para que os máis pequenos se adentren nun mundo de maxia e diversión: Laponia, o oeste, contacontos, monicreques, teatro, pista de xeo, tren, tirolinas…