Así, o Samaín arranca o sábado con teatro humorístico de adultos no Auditorio Municipal (20.00 horas) a cargo da compañía Fulano, Mengano e Citado, que representarán «A louca historia de Galiza». Trátase dun paseo pola orixe, costumes e tradicións desta terra de bispos e reis, nobles e servos, heroes e tiranos, situada entre a fin do mundo e o norte de Portugal.
O domingo o Rei Midas levará a cabo un espectáculo de maxia e posterior obradoiro para os pequenos a partir das 16.00 no Auditorio Municipal. O luns serán Voltereta e Volvoreta as que animarán e dirixirán os obradoiros infantís a partir das 16:30 horas. Finalmente, o martes ás 17.00 horas contacontos de medo a cargo da compañía Troula, cos xeniais Codia e Miolo.
Toda a programación será no Auditorio Municipal (Praza do Concello) con entrada de balde.