A Comunidade de Montes de Camos vén de habilitar un miradoiro no ‘Piricoto do Vilar’, no parque forestal á beira do coñecido como sendeiro das Medoñas que se inicia en Priegue, atravesa Camos e finaliza en Chandebrito. A infraestrutura de madeira de pino tratada para exterior, encargada a unha carpintería do municipio, mide uns 15 metros cadrados e se asenta sobre unha rocha xa frecuentada desde sempre pola veciñanza pola súa sorprendente panorámica de toda a comarca.
Desde ela pódese divisar a ría de Vigo e a parroquia de Camos desde unha perspectiva moi pouco coñecida, coa rúa San Roque e o Torreiro como eixos dunhas vistas que abarcan desde o extremo esquerdo con Chandebrito ata todo o litoral de Nigrán e Baiona á dereita.
«Incentivamos que a xente camiñe polos nosos montes e coñeza a nosa parroquia, é un xeito máis de por Camos en valor», declara Gerargo Ferreira, presidente da Comunidade de Montes. O custo da creación deste miradoiro ascendeu a 3.000 euros.