O Concello de Nigrán investirá 12.000 € nun novidoso proxecto concedido pola Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt) – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades consistente en crear ‘microrreservas piloto’ na zona de dunas de Praia América (cara a Lourido) co obxectivo de renaturalizalas ao tempo que se crea conciencia social ao respecto. O obxectivo é acadalo a través dunha campaña de participación pública innovadora, na que a propia zona servirá de ‘aula viva’ desde onde se impartirán obradoiros medioambientais abertos á cidadanía.
Os traballos, que xa arrancaron a semana pasada coa participación do alumnado do IES Val Miñor, se extenderán ata setembro deste ano e correrán a cargo do equipo de traballo da firma con base tecnolóxica Hydrosphere (xurdida como unha spin-off da Universidade de Vigo), a propia Universidade de Vigo (coa participación do Centro de Investigación Mariña e do grupo de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio) e o Consello Superior de Investigacións Científicas a través de dúas unidades de Cultura Científica (CSIC en Galicia e Instituto de Investigacións Mariñas).
«Hai uns meses presentáronnos este proxecto e desde o Concello non o dubidamos nin un intre porque, a diferencia da zona de Panxón, estas dunas non están siquera delimitadas e é unha oportunidade única de rexeneralas ao tempo que creamos concienciación social ao respecto», destaca o alcalde de Nigrán, Juan González. Así, case 2.000 metros cadrados serán delimitados con vallas e carteis divulgativos nas próximas semanas para restrinxir por completo a intervención humana e evitar así o impacto continuo do pisoteo. «O fin é manter a área libre de alteracións permitindo que especies autóctonas desprazadas pola intervención humana colonicen de novo o lugar», xustifican desde Hydrosphere, onde sinalan Praia América como o lugar máis idóneo para este proxecto concreto «ao mesturar por unha banda o seu alto valor ecolóxico e estar provisto de sistema dunar e, por outra, ter unha elevada afluencia de visitantes e gozar de infraestruturas destinadas ao ocio e o turismo».
O realmente novidoso do proxecto é que estas áreas funcionarán como unha ‘microrreserva piloto’ que se empregará tamén como unha ‘aula viva’ de educación ambiental, xa que os científicos impartirán talleres didácticos in situ de forma entretenida e accesible para todos os públicos pondo de manifesto a necesidade de conservar o bo estado dos areais. Así, durante os meses de verán estes obradoiros irán dirixidos ao público en xeral e, durante o curso escolar, a 148 alumnos do IES Val Miñor, CEE Juan María e CEIP Mallón, disporán da súa propia parcela sinalizada para apadrinar e apreciar nela a evolución da zona ao longo do tempo.
En concreto, plantéxanse obradoiros dirixidos sempre por expertos na zona dunar (observación e identificación da flora e fauna, plantación de especies autóctonas e eliminación de invasoras) e na zona de arribazón (recollida de algas para identificar, mostreo científico para observar macrofauna, identificación taxonómica, observación de microplásticos e estimación do seu impacto). Ademais, ao longo do areal estudiarase o tipo de sedimento e a súa orixe e se realizarán perfís topográficos para coñecer a morfoloxía da praia e a súa dinámica. O fin último de todo isto é aumentar o coñecemento de conceptos básicos e acadar un cambio positivo nas actitudes e valores dos participantes que estimule o uso responsable dos espazos, buscando un equilibrio entre a explotación social e económica das praias e a súa protección. Por iso a campaña incluirá disfusión mediante redes sociais e creación dunha páxina web específica.
«Este proxecto traerá consigo dúas cousas fundamentais para este goberno: por unha banda protexer mellor o noso patrimonio natural e, con elo, gañar en riqueza natural, e, por outra banda, creará cidadáns máis comprometidos coa sua contorna e coa protección medioambiental do planeta», conclúe o alcalde.