A superficie, de céspede natural, foi delimitada cun peche perimetral de malla metálica ríxida para garantir que os cans non escapen. Ademais, dotouse a zona de sanecáns para depositar os excrementos e de máis bancos, próximamente o parque será mellorado con elementos de distraccións específicos para este animais. Un panel informativo recorda as normas de uso, que inclúen a recollida obrigatoria de excrementos ou que estexa sempre vixiado polo seu dono. O parque foi realizado por operarios municipais e requiriu de moi pouca intervención, xa que o Concello optou por reconvertir esta zona de xardín infrautilizada neste novo uso. «Trátase dunha zona moi urbana onde había demanda por parte dos veciños dun espazo específico para cans», explica o alcalde.