Todas estas accións foron presentadas este luns pormenorizadamente polo alcalde, Juan González, e polo deputado provincial, David Regades, que visitaron a rúa Mariñeiro de Panxón xunto ao presidente da asociación de veciños, José Luis Varela.
Precisamente, a partida orzamentaria máis avultada, con 282.351 euros, lle corresponde á humanización da rúa Mariñeiro (de titularidade autonómica), seguida do cambio da instalación eléctrica de tódolos colexios públicos do municipio (actualmente moi deficiente) por 115.160 euros. En total, case 400.000 euros que o Concello asumirá íntegramente aínda que non sexan aspectos de competencia exclusiva municipal. «Aínda que un 40% destas obras incumbiría directamente á Xunta, dende o goberno local decidimos non agardar máis e asumilas directamente porque as consideramos urxentes e prioritarias. Non son obras de cara á galería, son peticións dos veciños e compromisos políticos que suporán unha mellora da calidade de vida de todos. «, xustifica o alcalde, Juan González, quen agradece a posibilidade que brinda a Deputación de investir os cartos nas cuestións que cada goberno local decide.
Por outra banda, e dentro deste mesmo plan, o Concello investirá 88.585 euros na compra do terreo para o novo almacén municipal en Porto do Molle; 54.450 euros para retirar as toneladas de cascotes acumuladas polo anterior goberno local na finca de A Camesella; 18.766 para a adquisición de especies vexetais singulares para a posta en valor de zonas verdes; 8.712 euros para a compra de luminaria de baixo coste ou 21.000 para a renovación do peche da pista multideportiva de A Ramallosa. Ademáis, a humanización da rúa Mariñeiro de Panxón hai que sumarlle a continuación e remate da mesma na Avenida Castelao de Nigrán por 21.055 euros e en San Roque (Camos) por 32.997 euros (nesta mesma rúa se inclúe por 38.478 euros a instalación de abastecemento de auga, ata agora inexistente).
No Plan Concellos se inclúe o Plan de Emprego, que con 218.252 euros permitirá durante 9 meses a contratación de dous albaneis, 21 peóns desbrozadores e catro conserxes para o colexio e a casa consistorial.
Rúa Mariñeiro
O alcalde de Nigrán, Juan González, anunciou que aínda que as obras en rúa Mariñeiro poderían comezar en xuño ao ter tódolos permisos necesarios, o goberno local deciciu pospolas ao final do verán para non perxudicar a veciños e visitantes na época estival, cando se rexistra gran afluencia. As obras, que sairán a contratación nas vindeiras semanas, inclúen a reparación do pavimento, a mellora das beirarrúas para que sexan accesibles, solución definitiva ao problema de evacuación de pluviais, instalación de novas luminarias LED no alumeado público e ordenación definitiva do tráfico rodado nos dous sentidos con máis plazas de aparcamento (aumentan a 72). Todos estos traballos, cun plazo de execución de catro meses, están encamiñados á mellora da seguridade viaria do entorno nunha crucial na parroquia porque conecta a transitada estrada pola Vía (PO-325) coa praia.
«Trátase dunha rúa que nunca se remodelou e que está completamente deteriorada, con beirarrúas en estado calamitoso e, sobre todo, cun gran problema nas acometidas de pluviais e fecais que hai que arranxar tamén, o que repercutirá directamente na calidade das augas de Panxón porque aínda que este ano xa deu excelente aínda se producen verquidos por deficiencias nesta rúa», explica González.
As actuais beirarrúas son estreitas e en mal estado e incumplien a normativa de accesibilidade, polo que aumentarán de 1,50 a 1,80 o seu ancho e daráselle continuidade peonil cun nuevo pavemento a base de formigón pulido coloreado. Ademáis, mellorarase a instalación de evacuación de pluviais, xa que presenta problemas de estancamento de aguas os días de fortes precipitacións (a rede de saneamento será separativa). Por outra banda, tamén se mellorará o entorno coa implantación de alumeado público con luminarias LED que suporán unha mellora na eficiencia e aforro enerxético, así como menor contaminación luminosa sen perxudicar á seguridade do peón. A nova iluminación será un elemento característico e diferenciador na futura rúa Mariñeiro, así, o fuste dis próximas farolas será de acero inoxidable con acabado brillante e, en corte láser, representarase no mesmo o nome da rúa polos dous lados e o escudo do Concello de Nigrán.