Trátase en tódolos casos de pequenas obras de mellora e mantemento demandadas dende as respectivas direccións, fundamentalmente de pintado, e tamén arranxos de peches perimetrais ou redistribución de espazos (como a pista deportiva do CEIP de Mallón). No caso de A Galiña Azul será a inicios de curso cando se renoven tódalas portas de saída de emerxencia e se instalen diferentes elementos para evitar tropezos dos nenos.
O Concello de Nigrán pospuxo a agosto estas tarefas para non prexudicar á comunidade educativa, mentras que ao longo do curso investíu 92.000 € en reacondicionar as instalacións eléctricas de tódolos colexios (os traballos realizáronse ao longo do mes de marzo fora do horario lectivo) ou 25.000 € en dotar de desfibriladores e da formación precisa para o seu uso aos profesores; 6.000 € en redactar o proxecto do comedor no CEIP Humberto Juanes… Máis de 126.000 € aos que se suma conectar o CEIP da Cruz de Camos e CEE Juan María ao abastecemento de auga municipal do que ata agora carecían.
Por outra banda, a edil de Educación Marina Vidal comprométese a convocar e inicios de curso o Consello Escolar Municipal, órgano de participación no que están representados tódolos centros do municipio e todolos sectores vinculados á educación e que non é celebrado dende hai máis de oito anos. «Ofrecer unhas perspectivas de interese xeral que deben axudar a decantar e clarificar os problemas que se deriven do funcionamento do sistema educativo no noso municipio, por iso queremos reactivalo», incide Vidal.