O curso de informática, con tres grupos de dez persoas cada un e duas clases á semana de hora e media, é o máis numeroso (no resto hai o tope máximo de 16 alumnos/curso). O Concello renovou o equipamento con dez novos ordenadores (os existentes estaban obsoletos) e unha impresora.
“Apostamos por políticas que garantan a calidade de vida dos maiores, como este tipo de cursos, turismo social e mesmo o centro especializado en demencias neurodexenerativas”, indica o alcalde de Nigrán, Juan González, en referencia ao pioneiro programa municipal que se leva adiante no CEE de Panxón. Nesta liña, o Concello repetirá o exitoso programa de turismo social destinado á terceira idade co obxectivo de dar a coñecer aos maiores outros lugares de Galicia.
«En definitiva, son cuestións todas que contribúen á súa mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral ou reconstituínte da memoria e da atención”, suliña o rexedor, quen engade que “a todos estes beneficios hai que engadirlle que se socializarán e, en definitiva, sentiranse máis felices e vitais”.