Así, esta aplicación non só permite realizar xestións que ata a data podían realizarse na oficina, por teléfono ou a través da web (como modificación de datos, consulta de consumos, envío de autolecturas con fotografía, pago de facturas, consultas e solicitudes) senón que, a diferenza doutras utilidades, permite comunicar directamente as incidencias aos usuarios afectados a través dun sistema de alerta (por exemplo, se se vai a producir un corte de auga programado nunha rúa por unha obra, mándaselle unha mensaxe aos usuarios que viven nesa zona para avisarlles con anterioridade).
Outra funcionalidade novidosa é a posibilidade de que o cidadán, sexa cliente ou non, poida notificar avarías de xeito preciso ao incluír un sistema de xeolocalización e envío de ata dúas fotografías da incidencia. Esta información chega directamente á oficina de Aqualia, que desta forma poderá optimizar os tempos de resposta.
No caso de Nigrán, que conta con 224 quilómetros de rede municipal de abastecemento, 183 quilómetros de colector municipal de saneamento e 34 estacións de bombeo de augas residuais, este sistema aporta moito valor á hora de actuar con maior rapidez.
Segundo indica o Concello, Smart Aqua aspira a consolidarse como unha canle de comunicación e información para o cidadán: información sobre novas campañas, noticias, enquisas (a través das cales se interactuará e pulsará a opinión dos cidadáns), notificacións, entre outras. Tamén ofrecerá información concreta en relación con Nigrán: información sobre a orixe do auga, pegada hídrica, tarifas, modos de pago, e noticias do municipio.