Para a aceptación seguirase unha “rigorosa orde de inscrición”, na que terán prioridade os empadroados no municipio, ata completar as 20 prazas ofertadas. As clases terán lugar o 13 e o 27 de abril e os 11, 18 e 25 de maio de 16:00 a 19:00 horas.
O temario da formación, de 18 horas, inclúe aprender a facer licores tradicionais e conservas de cabaciña ou outra hortaliza, embotado de tomate e marmelada de laranxa. Os que desexen elaborar conservas e licores para levar para casa deben levar o seu propio material cos produtos que se lle indiquen.