A administración local sufraga integramente esta acción, que terá unha duración de 60 horas en modalidade presencial: 40 de carácter teórico e 20 de carácter práctico, a realizar en diferentes establecementos de distintas cadeas de supermercados. Comezará o 6 de maio e ofertará 20 prazas.
As persoas interesadas en participar deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal do 15 ao 24 de abril, cubrindo unha instancia e unha enquisa de selección que estará a súa disposición no Servizo de Información, no Centro Antena Municipal, no Departamento de Desenvolvemento Local de Nigrán e, sempre que sexa tecnicamente posible, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, achegando toda a documentación que se indica en dita solicitude.