O obxectivo é proporcionar ás asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de defensa que lles permitan mellorar a súa seguridade persoal e ter un plan con medidas que lles axuden a previr a agresión, ou, se non fose posible, saír dela con máis garantías. Estes coñecementos están pensados para calquera imprevisto de carácter violento.
O período de inscrición comeza o día 4 de outubro e remata o día 18. As persoas interesadas deberán inscribirse no Centro de Información ás Mulleres, situado na Estrada pola Vía 65 (antiga estación do tranvía).
Ademais, o Concello habilitou o teléfono 986 365 000 e o correo electrónico cim@nigran.org para quen precise solicitar información.