A petición responde a unha demanda reiterada dos veciños de Nigrán e xa conta co visto bo do Concello de Vigo, Grupo Avanza (Vitrasa) e a propia ATSA, polo que agora só depende de que a consellería outorgue o permiso necesario.
Povisa é o hospital público de referencia para a gran maioría dos veciños de Nigrán e, precisamente, o transporte público ATSA é empregado en gran número por persoas maiores que acuden regularmente a este centro médico e que, precisamente, teñen problemas de mobilidade ou doenzas que lle dificultan camiñar de xeito seguro longos tramos. Actualmente o autobús ATSA conta cunha parada na Gran Vía ubicada a preto dun kilómetro deste centro médico, co gran prexuizo que isto supón para os usuarios da sanidade pública, dereito básico das persoas.
«Plantexamos unha cuestión de sentido común que responde á petición dos nosos veciños pero da que se beneficiarían os residentes de todo o Val Miñor e Baixo Miño, xa que é por onde discurre a liña de ATSA cara a Vigo. En definitiva, trátase dunha medida beneficiosa para tódolos usuarios de ATSA, que ao mesmo tempo fomenta o uso do transporte público, e que non prexudica a ninguén», sinala o alcalde, Juan González, quen recorda que, tamén a petición do Concello de Nigrán, Vitrasa está a analizar a posibilidade de prolongar a súa liña de Fragoselo ata a parroquia veciña de Chandebrito, onde a necesidade de transporte público a Vigo é absoluta.