Os interesados en acudir ao festival, de non coñecer o lugar, deben presentarse ás 20:30 horas no Concello de Nigrán en vehículo propio ou directamente ás 21.00 horas no campo de fútbol Chandebrito, lugar que funcionará como aparcadoiro. Segundo informa o Observatorio Astronómico Nacional (OAN), este 2018 será un ano “excelente” para poder apreciar este fenómeno porque haberá lúa nova o 11 de agosto.
O festival, o primeiro do municipio dedicado integramente ao folk, arrancará coa venda bebidas e choripáns dende as 20:30 horas e o concerto do músico e compositor de Mos Xulio Lorenzo ás 21:00 horas. O artista de Mos estará acompañado do tamén afamado gaiteiro Marcos Campos, o grupo de pandereteiras Arume e o bailarín Chisco de Pereiras. A súa banda a compoñen Roberto Comesaña, Carlos Castro á percusión e Diego Bea á guitarra.