O programa arrancará o 15 de setembro cunha viaxe á Ribeira Sacra que inclúe paseo en catamarán polos canóns do Sil e visita ao Museo do Chiculate e ao Mosteiro de Santa Cristina en Parada de Sil. O prezo desta primeira viaxe é de 16 € e inclúe autobús, seguros, guía, xantar, entrada ao museo e viaxe de 2 horas en catamarán.
Posteriormente, no mes de outubro, levarase a cabo unha segunda saída cara ao Lugo de San Froilán e xa en novembro ás Terras do Deza para disfrutar do interior de Galicia e da súa gastronomía.
Para anotarse ou calquera outra información adicional deben dirixirse dende o 1 de setembro de 2016 á oficina de información do Concello de Nigrán ou telefónicamente no 986 365 000.
Dende o goberno local se entende que viaxar non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moítisimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención.
“Apostamos por este programa porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”, declara Juan González, alcalde de Nigrán.