Cun investimento de 18.500 € e unha lonxitude de preto de 200 metros, a nova infraestructura é idéntica á que había anteriormente e permite que o castro, os muíños e o miradoiro resulten accesibles. «Despois das políticas de emerxencia emprendidas dende o Concello nun primeiro momento, agora nos atopamos nunha segunda fase que consiste en devolver á parroquia ao estado no que se atopaba antes do 15 de outubro, esta é unha acción máis nesta liña e virán outras máis que reflicten a nosa aposta por Chandebrito», resume Juan González, alcalde de Nigrán.