A falta de socorristas nas praias de Nigrán durante o verán pode tocar ao seu fin. Así, o Concello ofrecerá gratuítamente e por vez primeira un curso para empadroados que outorga o certificado de profesionalidade para traballar nas praias. «Temos un compromiso coa seguridade e calidade asistencial nos areais, e ante o insuficiente número de socorristas que se precisan en toda Galicia o Concello desexa atallar este problema na súa comarca», asegura nun comunicado.
O elevado custe da formación e a temporalidade do emprego disuade a moitos particulares de obter o certificado e xenera un problema cronico. Así, o Concello ofrece esta acción de xeito público e gratuíto investindo 15.000 € en doce prazas. O periodo de inscrición arranca o luns 2 de marzo e finaliza o domingo 8 de marzo a través do Rexistro ou Sede Electrónica. Desenvolverase do 16 de abril ao 30 de xuño na Piscina Mancomunada da Ramallosa como lugar das prácticas.
«Queremos solventar o problema que anualmente se repite de falta de socorristas coa titulación requirida. Trátase dun certificado moi demandado e cun custe económico alto tendo en conta que o traballo é moi estacional, polo que hai escasos socorristas coa titulación válida», explica o alcalde, Juan González
Datas e horarios
Nigrán pretende así atallar o problema de falta de socorristas e o reducido número de candidatos para traballar nos praias do Val Miñor nos meses de verán. O curso, de 420 horas, desenvolverase do 16 de abril ao 30 de xuño de xoves a venres de 14:30 a 22:30 e sábados e domingos de 9:00 a 19:00 (con descanso para o almorzo).
Os candidatos deberán cumplir cuns requerimentos obrigatorios como estar empadroados en Nigrán antes do 1/11/19 ou ter como mínimo a ESO. Ademáis, afrontarán un proceso de selección que inclúe unha proba específica na piscina. Tamén haberá unha baremación de méritos que puntúa a experiencia profesional previa ou formativa e ter sido voluntario de Protección Civil. Finalmente, se someterán a unha entrevista persoal.
Neste curso, o alumnado adquirirá os coñecementos necesarios para velar pola seguridade dos usuarios de zonas de baño público en espazos acuáticos naturais.
Inscricións
As persoas interesadas en participar, deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal do 02/03/2020 ao 08/03/2020. Terán que cubrir unha instancia que estará a súa disposición no Servizo de Información, no Centro Antena Municipal, no Departamento de Emprego de Nigrán e no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello. Aquelas persoas que posúan a acreditación dixital tamén poderán inscribirse mediante a plataforma da Sede Electrónica municipal.
Para ampliar esta información, pódese contactar co Departamento de Emprego, no 986-365000 (extensión 7). Tamén poden formular consultas a través dos correos electrónicos tle.nigran@nigran.org facendo constar sempre un teléfono de contacto para facilitar a comunicación.